A finais de novembro estará rematado o saneamento do río Gafos ata Alcalde Hevia

Pontevedra
27 de setembro 2017

Este xoves iniciábanse as obras na contorna da estación de autobuses da segunda fase dos traballos de saneamento do río co obxectivo de eliminar vertuduras. Estes traballos están financiados polo Concello e a Deputación ante a negativa da Xunta a asumilos

Segunda fase das obras do saneamento do río Gafos
Segunda fase das obras do saneamento do río Gafos / Mónica Patxot

Este mércores comezaban as obras da segunda fase do saneamento do río dos Gafos no tramo entre o Marco e a estación de autobuses, que terá continuidade nas próximas semanas coa terceira fase, que se desenvolverá ata cale Alcalde Hevia.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo concelleiro Raimundo González e por técnicos municipais, visitou a zona onde se iniciaron os traballos. O rexedor sinalou que estas melloras foron ofrecidas pola empresa que se encargou da primeira fase.

Contan cun orzamento de 100.000 e 140.000 euros, coa creación de 20 pozos. O primeiro tramo desenvolverase por dentro da estación e o obxectivo céntrase en impedir que se recollan filtracións que causaban problemas na depuradora de auga. Aumentarase a tubaxe actual e se estab

Fernández Lores afirmou que as obras se acometen con fondos municipais en convenio coa Deputación provincial e recriminou a actitude da Xunta de Galicia, que se mantivo á marxe cando se tiña comprometido a afrontar esta obra.

Estos traballos impedirán que as augas sucias procedentes do polígono industrial do Campiño, de Marcón, Tomeza e parte de Salcedo e Vilaboa rematen provocando un aumento do volume do río e chegaba a trasladar, segundo afirmou o propio alcalde, verteduras e contaminación cara á ría.

Está previsto que as obras finalicen antes de decembro, se as condicións metereolóxicas non o impiden. Estes traballos son continuidade da primeira fase que se desenvolveu desde O Marco ata Tomeza e Vilaboa cun investimento de 800.000 euros e a construción de 67 pozos elaborados con formigón, garantindo a impermeabilidad. 

Segundo expuxeron os responsables municipais, os servizos técnicos indicaron que observarán o resultado destas obras para estudar se o próximo ano se asumen as obras desde Alcalde Hevia ata a desembocadura. Sería un proxecto que tamén se executaría con fondos municipais. "Se teñen que ir o ano que vén, irán", confirmou o alcalde.