A Fiscalía arquiva a denuncia de Comisións Obreiras sobre as incompatibilidades de médicos

Pontevedra
24 de xuño 2016

O fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, arquivou a denuncia presentada polo sindicato Comisións Obreiras ao entender que existía "incumprimento da lei de incompatibilidades", no caso de 22 traballadores do Hospital Provincial e de Montecelo por, supostamente, compaxinar o seu posto de traballo público con outro en mutuas privadas

Rafael Vázquez, delegado de CC.OO. na Xunta de Persoal dos Hospitais de Pontevedra
Rafael Vázquez, delegado de CC.OO. na Xunta de Persoal dos Hospitais de Pontevedra / Mónica Patxot

O fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, arquivou a denuncia presentada polo sindicato Comisións Obreiras ao entender que existía "incumprimento da lei de incompatibilidades", no caso de 22 traballadores do Hospital Provincial e de Montecelo por, supostamente, compaxinar o seu posto de traballo público con outro en mutuas privadas.

Segundo informa a xornalista Cristina Barral en páxinas de La Voz de Galicia, a decisión do Fiscal xefe produciuse dous días despois de recibida a denuncia.

En concreto a resolución adoptouse o 17 de xuño, segundo foille comunicado ao denunciante, o delegado de Comisións Obreiras, Rafael Vázquez, que poderá presentar a súa denuncia ante o xuíz de instrución competente ou ben acudir á vía administrativa, que parece máis adecuada para este tipo de casos.