A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para o vindeiro martes 19 de decembro o xuízo a un home que está acusado de agredir sexualmente a dous menores e abusar dunha terceira.
A Fiscalía pide unha pena de dez anos de prisión por cada un dos dous delitos de agresión sexual, un deles co agravante de parentesco.
Ademais pide outros 20 meses de cárcere por un delito de abuso sexual continuado.
Os feitos ocorreron "en varias ocasións e en lugares diferentes", entre os anos 2012 e 2016 no partido xudicial de Santiago. As tres vítimas son nenas menores de 16 anos.
Complementariamente o representante do Ministerio Público tamén reclama ao tribunal que impoña ao procesado unha orde de afastamento e prohibición de comunicación da primeira vítima por 11 anos, de 1 ano no caso da segunda e de 12 anos en caso da terceira, e que se lle someta a liberdade vixiada durante 15 anos, así como impedir que desempeñe actividades que impliquen contacto con menores.
En concepto de responsabilidade civil 25.000 e 50.000 euros para as dúas menores que denunciaron ser vítimas de agresión sexual, no terceiro dos casos non pide indemnización.