A Fiscalía solicita unha prórroga para seguir investigando o caso Elsamex

Pontevedra
22 de abril 2015

O fiscal xefe da Audiencia provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, acaba de solicitar unha prórroga para que as dilixencias de investigación do caso Elsamex poidan seguir abertas durante seis meses máis

Operario do servizo e mantemento de xardíns de Pontevedra
Operario do servizo e mantemento de xardíns de Pontevedra

O fiscal xefe da Audiencia provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, acaba de solicitar unha prórroga para que as dilixencias de investigación do caso Elsamex poidan seguir abertas durante seis meses máis.

Aladro confirmou que leva bastante avanzada a investigación aínda que lle vai a resulta imposible concluíla antes de que remate o prazo, o próximo 15 de maio.

O caso Elsamex arrancou coa denuncia presentada polo grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra que entende que existen irregularidades cometidas polo goberno local nas sucesivas prórrogas do contrato desta empresa, adxudicataria do servizo de mantemento de parques e xardíns.

Unha vez que finalice este prazo Juan Carlos Aladro terá que decidir se arquiva as dilixencias abertas ou xudicializa o caso en forma de denuncia ou querela.

Arquivado en