A Florida gana o concurso Maios da Cultural de Sanxenxo

Sanxenxo
02 de maio 2024

O Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo organizou o tradicional concurso dos maios

Festa dos maios
Festa dos maios /

O Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo organizou o tradicional concurso dos maios. 

Nunha primeira posta en escena, os membros da Asociación Cultural Mar de Fondo de Portonovo arrincaron coas súas coplas na nas propias instalacións do Círculo, debido á mala previsión meteorolóxica, sendo os primeiros os maiores, que se estreaban nos Maios, xa que ata a data só os nenos eran os protagonistas destas artes florais e dos seus cánticos. 

O xurado concedeu o primeiro premio ao colexio A Florida de Sanxenxo; o segundo á Asociación Mar de Fondo de Portonovo, Grupo Maiores; e o terceiro á mesma asociación, Grupo Pequenos.

HOMENAXE

Tamén este mércores, o Club de Xubilados de Portonovo e o Concello de Sanxenxo renderon homenaxe a Manuel Bea Silva, un dos principais impulsores da vida social, cultural e deportiva en Portonovo.