A flota de taxis adaptados elévase a seis en Pontevedra

Pontevedra
14 de setembro 2018

Senllas subvencións de 5.000 euros, concedidas polo Concello a dous autopatronos, permitirá que Pontevedra conte moi pronto con dous novos taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida. Son os coñecidos como eurotaxis

Taxis en Pontevedra
Taxis en Pontevedra / Mónica Patxot

Senllas subvencións de 5.000 euros, concedidas polo Concello a dous autopatronos, permitirá que Pontevedra conte moi pronto con dous novos taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida. Son os coñecidos como eurotaxis.

Ambos se beneficiaron dunha liña de axudas que, por terceiro ano, convocaba o goberno municipal para que os taxistas da cidade renoven os seus vehículos e opten por un vehículo adaptado.

En Pontevedra, con estas dúas incorporacións, haberá seis transportes deste tipo.

Con este número, tendo en conta que a cifra de taxis en Pontevedra ascende a 90 licenzas, cumprirase a ratio recomendada pola Unión Europea, que suxire un 5% de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida.