A flota pesqueira de Marín retira 6.000 quilos de residuos das costas galegas

Marín
18 de outubro 2016

Un total de 6.000 quilos de lixo mariño retiraron das costas galegas os barcos que integran a frota pesqueira de Marín desde o pasado mes de xaneiro. Todos eses residuos fóronse recepcionando por parte da autoridade portuaria, unha vez os barcos chegaron a porto, e depositáronse nun compactador. Este martes foron trasladados a un xestor autorizado

Retirada dos residuos almacenados no porto de Marín
Retirada dos residuos almacenados no porto de Marín / Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

Un total de 6.000 quilos de lixo mariño retiraron das costas galegas os barcos que integran a frota pesqueira de Marín desde o pasado mes de xaneiro.

Todos eses residuos fóronse recepcionando por parte da autoridade portuaria, unha vez os barcos chegaron a porto, e depositáronse nun compactador. Este martes foron trasladados a un xestor autorizado.

Esta actividade é continuación dos proxectos ambientais Nada pola borda e Pescal, xa finalizados oficialmente, pero que o porto decidiu seguir mantendo en colaboración cos armadores de pesca e a empresa marinense Casercan.

O Porto de Marín é pioneiro en proxectos ambientais relacionados coa retirada e xestión de lixos mariños.

Ademais, continúa cos procesos de recollida selectiva doutros residuos portuarios como pneumáticos, pilas, poliexpan, redes, papel e cartón ou plásticos.