A Fundación Xoán XXIII acondiciona o vial de praias de Marín

Marín
21 de xaneiro 2019

Este entorno e moi frecuentado pola cidadanía tamén na época invernal, tanto para pasear como para facer deporte

Persoal do Fundación Xoán XXIII procedeu a desbrozar e limpar o vial de praias
Persoal do Fundación Xoán XXIII procedeu a desbrozar e limpar o vial de praias / Concello de Marín

O Concello de Marín a través da Fundación Xoán XXIII procedeu a desbrozar e limpar o vial de praias.

Este entorno é moi frecuentado pola cidadanía tamén na época invernal, tanto para pasear como para facer deporte.

Este sendeiro recibe desde fai uns anos o distintivo de Sendeiro azul por comunicar varios arenais que reciben o recoñecemento de Bandeira azul entre Portocelo, Mogor e Aguete. Un atractivo turístico, de ruta de senderismo, saudable e que é moi coidado, constituíndo todo un referente.

O Concello de Marín e a Fundación Xoán XXIII están a traballar en novos proxectos de xardinería e paisaxismo, deseñados desde o punto de vista do turismo e a posta en valor de espazos naturais.

Os alumnos do Xoán XXIII colaboran no estado das zonas verdes desde 1997 e no verán chegan a ser 20 persoas.