A histórica cafetería Carabela, pechada por reformas

Pontevedra
24 de febreiro 2015

A nova xerencia quere realizar uns traballos de rehabilitación e de nova decoración no interior do establecemento que durarán ata primeiros de marzo. Tras estas obras acometeranse outras reformas no local do bar Lugo no baixo anexo nun espazo con soportais  

Reformas na cafetería Carabela
Reformas na cafetería Carabela / PontevedraViva

As fiestras da cafetaría Carabela cubríronse durante este luns 23 de papel de farrapo ante a sorpresa de numerosos clientes que se achegaban polo local. A nova dirección quere acometer unha reforma durante os próximos dez días co obxectivo de mellorar as condicións do interior desta histórica cafetaría pontevedresa. A xerente ten previsto realizar pequenos cambios que manteñan os clientes habituais e, ao mesmo tempo, incorporen outros novos.

Unha vez que finalicen estas obras, arredor do 5 de marzo, se acometerán outros traballos de reforma no bar Lugo, situado no baixo anexo ao da cafetaría Carabela, situado baixo os soportais da Praza da Estrela.

A nova xerencia do Carabela leva á fronte do local dende xullo de 2014, despois de que a familia Alvariño decidise traspasar este emblemático lugar de encontro en Pontevedra que conta cunha das máis coñecidas terrazas de Galicia.