A hostalería galega recuperará a medianoite do sábado o horario que marca as súas licenzas

Pontevedra
10 de febreiro 2022

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou publicamente este xoves que a partir das 00.00 horas do día 12 de febreiro quedan anuladas todas as restricións horarias para o sector hostaleiro, que volverá poder pechar á hora que marcan as súas licenzas de actividade

Feijoo anuncia a fin das restricións horarias para a hostelería
Feijoo anuncia a fin das restricións horarias para a hostelería / Xunta de Galicia

As queixas da hostalería galega en referencia ás restricións horarias á súa actividade foron atendidas pola Xunta de Galicia. O presidente Alberto Núñez Feijoo, despois da reunión semanal do Consello de Goberno, anunciou que a partir das 00.00 horas do día 12 de febreiro, o sector hostaleiro recuperará o horario que marca as súas licenzas, é dicir, o mesmo que cumprían antes do estalido da pandemia.

"Chegou o momento de eliminar prohibicións e centrarse nas recomendacións", declarou o mandatario ante os medios de comunicación.

Os horarios volven ao estado prepandemia pero mantéñense as restricións no aforo cun máximo de 8 persoas nunha mesma mesa no interior e 15 persoas xuntas no exterior.

Este anuncio prodúcese menos de 24 horas despois de que un subsector da hostalería pontevedresa, o dos bares, cafeterías e cervexarías; alzara a voz para esixir a recuperación dos horarios que marca a súa licenza. Entendían os profesionais que as restricións estaban a afectar xa ás súas contas, debido a que lles privaban de exercer a súa actividade no período de máxima recadación para moitos deles.

Coa anulación destas restricións, Galicia segue dando pequenos pasos cara á volta á normalidade prepandémica, a pesar de que a sexta onda aínda non se superou por completo. 

É por iso que aínda seguirá vixente o uso do certificado covid para acceder a recintos deportivos, culturais ou para o sector da hostalería. O Goberno autonómico ha solicitado ao TSXG unha prórroga de dúas semanas máis para a vixencia deste documento a pesar da petición a súa anulación por parte de diversos colectivos, que piden que Galicia siga o exemplo doutras comunidades que xa retiraron a súa obrigatoriedade.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora