A humanización da rúa Progreso incorpora actuacións que non estaban previstas no proxecto inicial

Sanxenxo
08 de novembro 2019

Por exemplo, na zona verde que hai na esquina da rúa Sanxenxo e Progreso está a realizarse un muro de contención en granito para salvar o desnivel do terreo. Neste espazo tamén está previsto un banco en granito, un estanque e a mellora da iluminación que se contemplada inicialmente

Rúa Progreso
Rúa Progreso / Concello de Sanxenxo

A humanización da rúa Progreso incorpora actuacións que non estaban previstas no proxecto inicial e que se foron incorporando mentres se están realizando as obras.

Por exemplo, na zona verde que hai na esquina da rúa Sanxenxo e Progreso está a realizarse un muro de contención en granito para salvar o desnivel do terreo. Neste espazo tamén está previsto un banco en granito, un estanque e a mellora da iluminación que se contemplada inicialmente.

Outra mellora que se aplicou en toda a rúa é a substitución da lousa de granito por outro modelo, que segundo o concello, "supón unha mellora da seguridade dos peóns e a estética da rúa".

Ademais está previsto mellorar a escaleira e a rampla da rúa Oriente (une Carlos Casas con Progreso) e facelas en granito e cunha varanda de aceiro inoxidable.

Durante a execución das obras do primeiro tramo entre a rotonda de Arnelas e a rúa Castelao, na marxe esquerda dirección Pontevedra, conseguíronse cesións de terreo que permitiron alargar a beirarrúa. Loxicamente o Concello tivo que facerse cargo da demolición dos muros destas vivendas e a construción dos novos e a instalación de varandas.

Hai outras cambios con respecto ao proxecto inicial como ocorre coas unións das tubaxes de abastecemento de auga que en principio ían ser de plástico e substituíronse por pezas de fundición dúctil, tivéronse que facer muros de contención, escavacións e canalizacións de servizos de telecomunicación que tampouco estaban previstos.