A igrexa de San Xosé suspende o culto por obras e a de San Bartolomeu solicitará permiso para restaurar o retablo principal

Pontevedra
11 de xullo 2022

A partir do próximo luns, día 18 de xullo, a igrexa de San José de Campolongo suspenderá a celebración do culto. O motivo é a reparación da cuberta do edificio. Non é o único templo da cidade que necesita reparacións pois tamén San Bartolomé, co retablo roto, leva anos esperando unha intervención 

Retablo principal de San Bartolomeu
Retablo principal de San Bartolomeu / Xunta de Galicia

A partir do próximo luns, día 18 de xullo, a igrexa de San José de Campolongo suspenderá a celebración do culto. O motivo é a reparación da cuberta do edificio.

Non é o único templo da cidade de Pontevedra que necesita reparacións pois tamén San Bartolomeu, co retablo roto, leva anos esperando unha intervención por parte de expertos en restauración.

En canto a San José de Campolongo, a celebración das misas diarias trasladaranse temporalmente a outro local mentres que funerais ou primeiras comuñóns desprazaranse a outras parroquias da cidade.

Por motivos de seguridade non se poderá continuar coa actividade relixiosa no templo mentres se substitúe o tellado para eliminar as pingueiras e filtracións que presenta. 

Esta reparación está orzada nuns 250.000 euros que se financiarán, entre outras vías, cun préstamo e doazóns dos fregueses.

SAN BARTOLOMEU

Tamén a igrexa de San Bartolomeu ten pendente acometer traballos de restauración. No seu caso, a parroquia solicitará autorización ao Arcebispado de Santiago para que a Dirección Xeral de Patrimonio estude unha proposta de rehabilitación do retablo principal e dos altares laterais da Madalena e o de Santa Catalina.

Son varios os problemas que presenta o retablo maior cuxa parte central é do século pasado aínda que o conxunto ao completo pertence á segunda década do XVIII. O 17 de abril de 2018 un individuo empolicouse ao baldaquino central coa intención de derrubar a imaxe de San Bartolomeu. Na súa escalada chego a tirar o Sagrario ao chan e desprazou o retablo do seu sitio. A día de hoxe permanece apontoado cuns tacos de madeira.

Durante a valoración dos danos causados por este perturbado, os técnicos do Museo de Pontevedra comprobaron a existencia de caruncho nalgúns elementos do retablo así como nas figuras relixiosas de Santiago Apóstolo e San Roque, ademais de problemas de humidade nos altares laterais.

A administración parroquial descoñece o custo que poderá ter este proxecto de restauración.

SAN MARTIÑO DE SALCEDO

Pola súa banda, a igrexa de San Martiño de Salcedo segue sen data para a súa reapertura desde que pecharon as súas portas en novembro de 2018 polo perigo de desprendemento da bóveda e do coro.

A Consellería de Cultura expresara a súa intención de asumir os 350.000 euros nos que o Arcebispado de Santiago de Compostela valorara a restauración do templo.