O Concello de A Illa quere extender a protección do seu sistema dunar á praia de Espiñeiro cun sistema de valado similiar ao xa instalado na praia de Barbafeita e noutros entornos similares.
Para a execución desta nova intervención o goberno local solicitou xa ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta unha achega de 40.000 euros que o Concello complementará con fondos propios ata cubrir a totalidade do investimento necesario.
Trátase dun entorno degradado no que o goberno local quere actuar con premura para frear os efectos nocivos sobre o medio.
Este tipo de actuacións foron incluídas recentemente na revisión do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) como unha prioridade. Tanto Luis Arosa, concelleiro de Servizos, como Gabriele von Hundelshausen, edil de Medio Ambiente coinciden en que a protección das dunas, barreira natural contra o embate do mar na costa, é algo particularmente importante para unha illa.
Nos últimos anos foron realizados diversas accións para a súa protección ao longo de toda a costa insular, o que inclúe a instalación de barreiras, sinalizacións, apertura de camiños alternativos e a instalación de pasarelas elevadas para evitar a degradación dos areais. O obxectivo é protexer o ecosistema das dunas, que se ve danado polo tránsito de persoas que se produce nas zonas de praia, en especial nos meses de verán, acoutando o areal de maneira que apenas sexa accesible a través dos pasos habilitados mediante pasarelas de madeira.
A actuación na praia de Espiñeira completará a finalizada recentemente en Barbafeita.