A Illa de Ons, a segunda illa con máis demanda do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, colgou o cartel de completo durante os seis primeiros días do mes de agosto e quedan menos de 300 prazas diarias para alcanzar o cupo desde o domingo 7 ata o xoves 11.
Estes datos poñen de manifesto unha tempada máis, que o Parque Nacional é un dos destinos máis demandados na nosa comunidade nos meses de verán.
Navieira Mar de Ons realiza saídas a diario á illa de Ons desde diferentes portos das Rías Baixas: Vigo, Bueu, Sanxenxo e Portonovo e desde Pontevedra realízanse saídas en sábados, domingos e festivos como o vindeiro luns 15 de agosto.
Ons conta cunha cota diaria moi limitado, 1.300 prazas, polo que ante o interese que ten a illa nos meses de verán polas súas praias e roteiros de sendeirismo.
Tamén as Illas Cíes están a piques de colgar o cartel de completo durante o mes de agosto. Aínda quedan prazas dispoñibles para todos aqueles interesados en viaxar a este arquipélago do Parque Nacional a partir do 28 de agosto.
Os interesados en visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas ata o 15 de setembro poden tramitar directamente a súa autorización gratuíta na páxina web da Xunta de Galicia, pois contan cun cupo limitada de persoas, e é necesario que unha vez retirada a prerreserva na páxina web da Xunta adquiran os billetes antes de dúas horas.