A inflación provocou un aumento de usuarios nas ONG de Marín

Marín
21 de xuño 2024

"A suba de prezos nótase enormemente nas economías domésticas e, por tanto, na asistencia social". Así o trasladaron os representantes das ONG de Marín (Amenac, Ayuda en Acción Sor Elvira, Cáritas, Cáritas Santomé e o Comedor Social) á concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e a concelleira Mónica Viqueira durante a reunión de seguemento realizada durante esta semana

Marián Sanmartín e Mónica Viqueira reunidas con representantes de las ONG de Marín
Marián Sanmartín e Mónica Viqueira reunidas con representantes de las ONG de Marín / Concello de Marín

"A suba de prezos nótase enormemente nas economías domésticas e, por tanto, na asistencia social". Así o trasladaron os representantes das ONG de Marín (Amenac, Ayuda en Acción Sor Elvira, Cáritas, Cáritas Santomé e o Comedor Social) á concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e a concelleira Mónica Viqueira durante a reunión de seguemento realizada durante esta semana.

Neste encontro, os representantes das asociacións explicaron que se nota a inflación económica tanto no número de persoas usuarias como nas doazóns, "que son máis modestas".

Ademais de analizar esta situación, actualizaron os datos das familias, coa finalidade de evitar duplicidades e optimizar a axuda social que se presta desde as entidades.

Pola súa parte, o Concello adiantou que, ademáis das subvencións nominativas, sufragaranse todos os custes de transporte das doazóns que as ONGs reciben do Banco de Alimentos e que xa está tramitada a axuda que fai anualmente a organización Humana de 2.500 euros en materia de limpieza e hixiene personal.

Finalmente, fixeron un balance das actividades solidarias realizadas durante o verán, que resultaron moi positivas, tanto a nivel de recadación de fondos como de sensibilización da cidadanía.