A IV Xornada sobre bo uso e mal uso do mar demanda máis atención didáctica cara á sustentabilidade e á igualdade

Pontevedra
10 de novembro 2020

 A IV Xornada Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans desenvolveuse este martes de xeito virtual a través de Campus Remoto poñendo unha vez máis a atención nos océanos, recirsp qie supón máis do 70% do planeta e que, baixo a consideración da organización, está esquecidospanroboto>

Carmela Silva, presidenta da Deputación, durante a xornada Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero Deputación Provincial de Pontevedra

A sexta edición da Xornada sobre bo uso e mal uso do mar desenvolvíase nesta ocasión de maneira virtual a través do Campus Remoto baixo o título Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans. 

A profesora María Álvarez Lires lembrou que os océanos, recurso que supón máis do 70% da superficie do planeta e que se atopan esquecidos. Nesta ocasión esta visión tamén se analizou desde unha perspectiva de xénero centrándose nas achegas das mulleres á conservación mariña, unha fórmula que se recolle na proposta da Maleta dos Océanos, un elemento didáctico para os centros educativos.

Carmela Silva, presidenta da  Deputación; Jorge Soto, vicerreitor do campus; María Xosé Porteiro, vogal da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega e Elena Vázquez, coordinadora da Sección Ciencia Tecnoloxía, Natureza e Sociedade desta entidade inauguraron esta xornada, tal e como se recolle no DUVI.

A presidenta provincial Carmela Silva destacou o compromiso das mulleres co futuro do planeta e aproveitou para relacionar a situación actual da pandemia coa perda de biodiversidade. Lembrou a importancia da transversalidade de todas as accións.

Patricia Ponce, responsable da ONG Haurralde Fundazioa, lembrou no primeiro panel da xornada que a Axenda 2030 ofreceu a oportunidade de mirar dunha forma global e presentou os contidos da maleta feminista para traballar os obxectivos de desenvolvemento sostible.

As investigadoras María Lorenzo e Tamara Amorín  seencargaron de explicar os materiais educativos que forman parte da Maleta dos Océanos e que fan un repaso ao planeta azul, aos océanos en perigo, ao labor das mulleres que realizan labores relacionados co mar, o marisqueo a pé, as investigacións mariñas e a educación para a sustentabilidade. Está prevista a difusión de 500 Maletas dos Océanos para repartir polos centros educativos.