A Lama adquire unha biotrituradora e contadores de auga intelixentes

A Lama
21 de decembro 2022

O Concello realizou tamén melloras no alumeado público de Portomariño e renovou a iluminación do campo de fútbol municipal coa colaboración da Xunta

Biotrituradora do concello da Lama
Biotrituradora do concello da Lama / Concello de A Lama

Cunha achega de 65.530 euros do Fondo de Compensación Ambiental, o Concello de A Lama adquiriu unha biotrituradora para restos vexetais destinados a compostaxe, e tamén contadores de auga intelixentes para os núcleos da Pedreira, Calcaterra e Fontecova.

Ademais realizáronse melloras no alumeado público de Portomariño grazas a unha achega de 30.000 euros da Xunta.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, visitou este mércores o concello da Lama para coñecer estes investimentos.

Achegouse tamén ao campo de fútbol municipal, no que se renovou a iluminación cunha achega de 31.326 euros.