A Lama concede 6 axudas á natalidade, unha delas para o fillo do propio alcalde

A Lama
27 de novembro 2023

O alcalde ausentouse na votación dese punto ao ser o seu fillo uno dos solicitantes

Pleno do Concello da Lama Concello da Lama

A Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou por unanimidade dos concelleiros presentes a concesión dun total de 6 axudas para o fomento da natalidade e o empadroamento correspondentes a outros tantos nenos que naceron no municipio. 

Nese punto da orde do día ausentouse o alcalde, David Carrera, xa que o seu fillo era tamén un dos solicitantes.

Entre os requisitos para poder ser beneficiario destas axudas figura o feito de estar estar empadroado no municipio cunha antigüidade mínima de 12 meses. 

Esta achega é compatible con calquera outra esistente e alcanza un montante total por recén nado de 1.000 euros repartidos en dous pagos anuais de 500 euros.

O alcalde, David Carrera, defendeu no Pleno "a utilidade destas axudas para consolidar poboación no municipio".