A Lama estrea o renovado Camiño do Porto

A Lama
17 de setembro 2020

Remataron os traballos de mellora do Camiño do Porto, no concello da Lama, que dará servizo aos diferentes núcleos de poboación da parroquia de Verducido e que consistiron na mellora do firme existente, moi deteriorado polo paso do tempo e a acción das precipitacións metereolóxicas

O tenente de alcalde da Lama, David Carrera, supervisa o remate das obras do Camiño do Porto
O tenente de alcalde da Lama, David Carrera, supervisa o remate das obras do Camiño do Porto / Concello da Lama

Remataron os traballos de mellora do Camiño do Porto, no concello da Lama, que dará servizo aos diferentes núcleos de poboación da parroquia de Verducido.

O tenente de alcalde, David Carrera, e o concelleiro da parroquia de Verducido, Francisco Pérez, supervisaban neste xoves o final da obra e salientaban a importancia deste vial de comunicación interior para esta zona da parroquia.

As obras contaron cun investimento superior a 40.000 euros e contaron con subvención da Xunta de Galicia, a través do Plan Marco, a Unión Europea e do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A actuación no Camiño do Porto consistiu na mellora do firme existente, moi deteriorado polo paso do tempo e a acción das precipitacións metereolóxicas.

Fontes municipais destacan a gran dificultade dos traballos, que se completaron coa instalación de reixas de drenaxe e gabias para canalizar as abundantes augas pluviais que se producen ao longo de todo o trazado deste vial de titularidade municipal.