A Lama reordena a rede de abastecemento de auga nas parroquias de Antas e Seixido

A Lama
20 de outubro 2020

Os operarios do Concello traballan de forma coordinada coa adxudicataria da ampliación da estrada para adecuar estes servizos ás necesidades municipais e dos veciños

Os concelleiros da Lama, David Carrera e Jorge Méndez, visitan as obras que se están a realizar en Antas e Seixido
Os concelleiros da Lama, David Carrera e Jorge Méndez, visitan as obras que se están a realizar en Antas e Seixido / Concello de A Lama

O Concello da Lama executa labores de acondicionamento nas localidades de Antas e Seixido aproveitando as obras de ensanche destas estradas que permiten mellorar o sistema de canalizacións de auga. Os operarios municipais reacondicionaron o paso das tubaxes para dispoñelas dun modo máis accesible en caso de avarías ou para acomodar novas acometidas.

Este martes os tenentes de alcalde, David Carrera e Jorge Méndez, visitaron as obras e atenderon a varios veciños que lle trasladaron diversas peticións co obxectivo de que o resultado final dos traballos satisfaga tanto as necesidades municipais como dos residentes destas parroquias.

Os traballos avanzan a bo ritmo e céntranse agora en realizar tarefas de conexión de subministracións, canalización de augas, remates de muros, entradas para camiños ou leiras particulares, así como favorecer a evacuación das augas das choivas procedentes de montes próximos.