Como cada último sábado de agosto, do mesmo xeito que ocorre na noite de San Xoán, a praia da Lanzada renova a súa lenda das nove ondas.
O ritual consiste en saltar as ondas para facilitar a fertilidade aínda que moitas persoas optan directamente por un baño xunto á ermida de Santa María e asocian os supostos beneficios do rito á curación ou á boa sorte.
Segundo a tradición eran as mulleres casadas que querían quedar embarazadas e as solteiras que buscaban marido as que ao amencer preto das pedras da chamada "cuna da Santa", metíanse na auga para cumprir co rito que só tería efecto se o sol aínda non aparece polo horizonte e a lúa estaba en fase crecente ou chea.
En calquera caso, esta fin de semana celébranse as festas en honra a Nosa Señora ds Lanzada con verbenas e misas. A deste sábado estivo seguida da procesión, acompañada do grupo Danzantes de Cobas.
A romaría estivo amenizada pola Banda de Música de Sanxenxo e o grupo gaitas do país Os do Barro. Ás doce da noite houbo unha tirada de fogos artificiais.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.