A liña 8 do Metro do Nadal de Poio transportará este sábado aos Reis Magos

Poio
04 de xaneiro 2019

A partir das 17.00 horas haberá no Pazo de Besada unha gran recepción real. Os 100 primeiros en chegar terán unha foto Polaroid coas Maxestades de Oriente e entregaranse os Premios de Tarxetas de Nadal e os Lotes do Concurso #MellorFotoNadal2018. A partir das18.30 sairá a Cabalgata  

Cabalgata dos Reis Magos en Poio
Cabalgata dos Reis Magos en Poio

Os Reis Magos tamén farán unha parada este sábado en Poio, onde o Metro do Nadal segue a percorrer a vila. Este sábado a Liña 8 transporta ás súas Maxestades de Oriente nun autobús clásico para saudar aos pequenos da localidade. 

O transporte partirá ás 11.00 horas da Casa Rosada e pasará por Costa Xiráldez, a praza da Granxa, a praza da Chousa, a praza Alfredo Romay e o porto de Raxó para rematar ás 13.30 horas no Pazo de Besada. 

Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas haberá no Pazo de Besada unha gran recepción real. Os 100 primeiros en chegar terán unha foto Polaroid coas Maxestades de Oriente e entregaranse os Premios de Tarxetas de Nadal e os Lotes do Concurso #MellorFotoNadal2018. 

A partir das 18.30 horas será a Cabalgata de Reis con saída dende o Pazo de Besada seguindo o percorrido do mapa que acompaña esta noticia. 

A voceira de Cultura e Política Social do PP de Poio, Nati Torres, agradeceu os cambios introducidos pola concellería de Cultura na Cabalgata de Reis e subliñou que tanto moitas das modificacións como o cambio de actitude con respecto a esta celebración demostran que as críticas do seu partido e as queixas dos veciños durante os últimos anos eran certas.

Torres recalcou que varias das ideas postas en práctica este ano, como a utilización de varias carrozas ou a apertura do desfile aos colectivos do concello, responden a suxerencias e críticas apuntadas durante os últimos anos polo PP. Agradeceu en particular a "valentía" da concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, para aplicar as suxerencias e aportacións do PP.