O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informou este venres ao Ministerio sobre a liquidación orzamentaria do ano 2020 no Concello de Marín. Según Santos, Marín cumple de "xeito estricto tanto co Principio de Estabilidade Orzamentaria como coa Regra do Teito de Gasto". Unhas 'normas' que durante o período de 2020 e 2021 foi suspendido dada a situación da pandemia sanitaria.
Tamén explicou que na liquidación do orzamento, acadaron un resultado positivo de 950.606,37 euros e no remanente de Tesourería para gastos xerais, é positiva de 4.263.527,37 euros. Unhas cifras que demostran a "saúde financeira e as posibilidades de inversión do Concello".
A esta positiva cifra de remanente, súmase o endebedamento cero que ten o Concello, que pechou o ano sen ter operacións financeiras pendentes.
Un balance "moi positivo", asegura o concelleiro de Facenda, que explica que Marín co remanente "poderá facer fronte aos adiantos de financiación necesarios para acometer as obras xa aprobadas no marco de Marín Dusi e para executar outros proxectos".