A loita contra os incendios forestais tamén se libra a cabalo

Pontevedra
06 de xullo 2013

Doce xinetes, dous axentes de apoio e un subinspector ao mando. Son os efectivos da Unidade de Cabalería da Policía Nacional que colaborarán este verán coa denominada 'Operación Lumes', posta en marcha para reforzar as tarefas de vixilancia e prevención de incendios forestais en Galicia. Chegaron a Galicia, procedentes de Madrid, o pasado día 1 de xullo, e prestarán os seus servizos en 71 concellos galegos. Unha das súas bases estará en Pontevedra

Unidade de Cabalería da Policía Nacional que colaboran coa ⿿Operación Lumes'
Unidade de Cabalería da Policía Nacional que colaboran coa ⿿Operación Lumes' / Xunta de Galicia

Doce xinetes, dous axentes de apoio e un subinspector ao mando. Son os efectivos da Unidade de Cabalería da Policía Nacional que colaborarán este verán coa denominada 'Operación Lumes', posta en marcha para reforzar as tarefas de vixilancia e prevención de incendios forestais en Galicia. Chegaron a Galicia, procedentes de Madrid, o pasado día 1 de xullo, e prestarán os seus servizos en 71 concellos galegos.

Segundo destacou o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, este grupo prestará servizo nos montes galegos para colaborar tanto en labores de vixilancia como de prevención dos incendios forestais, pero tamén "contribuirán á seguridade no ámbito rural". Trátase da primeira vez que esta unidade traballará en Galicia e farao no marco do dispositivo conxunto posto en marcha pola Xunta e o Goberno central.

No acto de presentación desta unidade a cabalo participaron tamén a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, o Xefe Superior de Policía, Jaime Igrexas, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Este último destacou a necesidade de que os efectivos estean "coordinados" entre eles, para que o operativo funcione perfectamente. Ao mesmo tempo, recordou que agora comeza "a tempada máis difícil", dada a subida das temperaturas.

A unidade que se incorpora ao dispositivo de prevención de incendios vén completar o operativo habitual que a Policía Nacional establece todos os anos para a prevención e investigación de incendios forestais. A unidade, que permanecerá en Galicia durante a época de maior risco de incendios, terá dúas sedes, unha en Santiago e outra en Pontevedra e prestará o seu servizo en 71 concellos, en quendas de traballo de mañá e tarde.

Para realizar o seu labor, establecerán un sistema de patrullaxes preventivos nos municipios asignados, con particular atención ás parroquias de especial vixilancia designadas pola Xunta.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en