A máquina de reciclaxe da Praza de Abastos de Marín volve estar en marcha

Marín
12 de maio 2023

En ela poden introducirse envases como botellas de plástico e latas e, automaticamente, o cliente obtén un ticket cun incentivo económico, tickets que poderán ir acumulando coa finalidade de canxealos nos postos asociados

Posta en marcha da máquina de reciclaxe
Posta en marcha da máquina de reciclaxe / Asociación de comerciantes da Praza de Abastos de Marín

A máquina de reciclaxe instalada hai uns anos pola Asociación de comerciantes da Praza de Abastos de Marín volve estar en marcha desde o mediodía deste venres.

En ela poden introducirse envases como botellas de plástico e latas e, automaticamente, o cliente obtén un ticket cun incentivo económico, tickets que poderán ir acumulando coa finalidade de canxealos nos postos asociados. Deste xeito, buscan concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe selectiva e tamén dinamizar as vendas na praza.

A máquina estivo desconectada desde a pandemia da covid-19 pero desde agora está encendida cunha nova funcionalidade: unha compactadora coa que se triplica a capacidade dos envases de plástico, optimizando deste modo as funcións da máquina e aforrando custos de loxística.

A posta en marcha da máquina contou coa presenza da Concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, de membros da nova xunta directiva da Praza e da xerente da asociación da Praza de Abastos de Marín, Helena Caíña.