A marinense Miss Lugo imparte un obradoiro de pasarela no Xoán XXIII

Pontevedra
27 de febreiro 2024

A Asociación Xoán XXIII celebrou este luns un taller de pasarela no que participaron persoas con discapacidade intelectual

A marinense Miss Lugo imparte un taller de pasarela no Xoán XXIII
A marinense Miss Lugo imparte un taller de pasarela no Xoán XXIII

A Asociación Xoán XXIII celebrou este luns un taller de pasarela no que participaron persoas con discapacidade intelectual.

A actividade estivo dirixida pola marinense, Sara Alonso, gañadora do certame de Miss Lugo.

Sara Alonso ensinou aos participantes a desfilar por unha pasarela e explicou como se desenvolve o certame de Miss España no que participará proximamente.

A gañadora do concurso de beleza é promotora de produtos de nutrición e titulada en imaxe persoal.