A mellora da eficiencia enerxética do pavillón de Cerdedo terá un custo de 57.400 euros

Cerdedo Cotobade
22 de novembro 2023

Permitirá unha maior confortabilidade dos usuarios a un custe sensiblemente inferior a través da instalacións de equipos de nova xeración

Jorge Cubela e Lourdes Ovelleiro no Pavillón de Cerdedo
Jorge Cubela e Lourdes Ovelleiro no Pavillón de Cerdedo / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade; Jorge Cubela, e a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro, inspeccionaron os traballos realizados no pavillón municipal de deportes de Cerdedo para mellorar a eficiencia enerxética que permitirá unha maior confortabilidad dos usuarios a un custo sensiblemente inferior a través da instalacións de equipos de nova xeración.

Así, o Concello de Cerdedo-Cotobade, levou a cabo obras de melloras da eficiencia enerxética no pavillón de deportes de Cerdedo, a través do aporte adicional ao Fondo de Cooperacion Local da Xunta de Galicia que sacou a contratación por un prezo base de 86.911 euros e que foi adxudicado en 57.401 euros en concurso público aberto, é dicir, cunha rebaixa do 35,5% sobre o orzamento inicial.

Os traballos consistiron na mellora da eficiencia enerxética da instalacion de produción de ACS que inclúe a colocación de dous aerotermos de 300 litros con tecnoloxía de bomba de calor. Tamén se afrontou a substitución integral da iluminación do pavillón, pasando a luminarias LED (con especial importancia na pista de xogo), colocación de sensores de movemento e novos puntos de luz exterior.

A terceira das intervencións levadas a cabo centrouse na propia instalación eléctrica coa colocación de 28 módulos fotovoltaicos de xeración de enerxía eléctrica para o autoconsumo do pavillón que contribúe a diminuir sensiblemente o prezo do recibo da luz que consumían este edificio municipal de uso deportivo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora