A mellora da PO-235 estará licitada antes de final de ano

A Lama
11 de novembro 2017

Boas novas para os veciños da Lama. A Xunta de Galicia anuncia que licitará, antes de que remate este mesmo ano, a primeira fase das obras de mellora da estrada PO-235 ao seu paso por este municipio pontevedrés

Reunión de Jorge Canda con Ethel Vázquez en San Caetano
Reunión de Jorge Canda con Ethel Vázquez en San Caetano

Boas novas para os veciños da Lama. A Xunta de Galicia anuncia que licitará, antes de que remate este mesmo ano, a primeira fase das obras de mellora da estrada PO-235 ao seu paso por este municipio pontevedrés.

Para executar esta primeira actuación, o goberno autonómico investirá 600.000 euros.

Tras distintas reunións, finalmente acadouse que o proxecto nesta estrada quedase dividido en tres partes, priorizándose un primeiro treito, entre Antas e Seixido.

As actuacións levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 15,500 e o 15,740, onde se ampliará o pontón sobre o regueiro de Xesta, co fin de acadar un ancho de oito metros e mellorando as curvas existentes antes e despois desta infraestrutura.

Así mesmo, traballarase entre os puntos quilométricos 17,200 e 17,900, en Seixido

A responsable de Infraestruturas do executivo autonómico, Ethel Vázquez, indicou tamén que se realizará o ensanche e mellora da plataforma, a reposición da drenaxe da estrada e construción de gabias de seguridade e a renovación da capa de rodaxe.