A militancia socialista pontevedresa tamén sae á rúa en apoio a Pedro Sánchez

Pontevedra
27 de abril 2024

Representantes e militantes do Parido Socialista de Pontevedra protagonizaron á primeira hora deste sábado unha concentración á entrada da súa sede, en San Roque

Concentración de representantes e militantes socialistas en apoio a Pedro Sánchez
Concentración de representantes e militantes socialistas en apoio a Pedro Sánchez / PSdeG-PSOE

Representantes e militantes do Partido Socialista de Pontevedra saíron este sábado á rúa en sinal de apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Fixérono protagonizando unha concentración á primeira hora da mañá xunto á sede do PSOE pontevedrés, en San Roque.

Esta acción coincide coa mobilización a nivel nacional convocada en Ferraz, e para a que se fretou un autobús desde Pontevedra que partiu en dirección á capital de España na medianoite do venres.

Tal e como recoñeceu na convocatoria da protesta o portavoz local do PSOE, Iván Puentes, o motivo da mesma era pedir a Pedro Sánchez "que resista, que non ceda ás malas artes e a esta política embarrada que a dereita e ultradereita cultivan en España dende hai demasiado tempo, na que parece que todo vale".