A ministra Ana Pastor acode hoxe a Vialia-Pontevedra

Pontevedra
14 de xuño 2013

A ministra de Fomento, Ana Pastor, asistirá este venres, 14 de xuño, acompañada do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, á posta en funcionamento da liña Arcade-Pontevedra del Eje Atlántico entre Vigo e A Coruña. Espérase que a pontevedresa faga algunha referencia ao futuro das instalacións dos cines de Vialia despois de que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), dependente do seu Departamento, iniciase a súa licitación

Ana Pastor, Ministra de Fomento
Ana Pastor, Ministra de Fomento / Partido Popular

A ministra de Fomento, Ana Pastor, asistirá este venres, 14 de xuño, acompañada do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, á posta en funcionamento da liña Arcade-Pontevedra del Eje Atlántico entre Vigo e A Coruña.

Está previsto que ás 18:30 horas suba ao tren na Estación de Redondela.

Quince minutos despois espérase a súa chegada á estación de Vialia-Pontevedra onde está anunciada unha intervención ante os medios de comunicación por parte da Ministra.

Espérase que a pontevedresa faga algunha referencia ao futuro das instalacións dos cines de Vialia despois de que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), dependente do seu Departamento, iniciase a licitación das instalacións.

Este xoves 13 de xuño, a actual concesionaria dos cines, Ábaco Cinebox, fíxolle entrega das chaves.

Os traballadores desta empresa solicitaron a mediación da ministra de Fomento neste conflito que deixou á cidade do Lérez sen cines.