A ministra espera que a estancia da princesa Leonor en Marín teña un "efecto chamada" para a Escola Naval

Marín
28 de agosto 2024

Margarita Robles visitou a Escola Naval Militar un día antes da chegada da princesa Leonor de Borbón, que continuará a súa formación en Marín durante catro meses, para embarcar en xaneiro no buque-escola Juan Sebastián Elcano

A ministra de Defensa visita a Escola Naval antes da chegada da princesa Leonor de Borbón
A ministra de Defensa visita a Escola Naval antes da chegada da princesa Leonor de Borbón / Cristina Saiz

A ministra de Defensa, Margarita Robles, visitou este mércores a Escola Naval Militar, un día antes da chegada da princesa Leonor de Borbón, que continuará a súa formación en Marín durante catro meses, para embarcar en xaneiro no buque-escola Juan Sebastián Elcano e navegar por Santa Cruz de Tenerife, Río de Janeiro, Buenos Aires, Perú, Puerto Limón (Costa Rica), Pensacola e New York durante os cinco meses seguintes.

A aula virtual, as instalacións deportivas, o comedor e o cuartel dos alumnos, así como o simulador de navegación ou o simulador inmersivos de realidade virtual, son algúns dos espazos que visitou a ministra que estivo acompañada polo xefe de Estado Maior da Armada, almirante xeral Antonio Piñeiro.

"Como ministra de Defensa me siento muy orgullosa de que la Princesa de Asturias esté realizando esta formación militar, que es esencial y fundamental porque lleva consigo una serie de valores, de compromiso con los ciudadanos, de lealtad, de amor a España y liderazgo que es muy importante para quien va a ser la futura jefa del Estado", sinalou Robles.

"Además, creo que tiene también un efecto llamada para nuestros jóvenes, chicos y chicas, que sepan que servir a España en las Fuerzas Armadas es algo muy importante", engadiu.

Robles explicou que a Princesa de Asturias "va a venir mañana como otra alumna más y se va a incorporar a tercero (curso) y en estos primeros meses va a estar aquí en la escuela, en igual régimen que sus compañeros y, por tanto, no hay ningún tipo de excepción, más que las que correspondan en su momento como consecuencia de que es la Princesa de Asturias".

O comandante director da Escola Naval de Marín, o capitán de navío Pedro Cardona, puxo en valor o traballo da Armada e a calidade formativa desta escola e resumiu o día a día asegurando que "es un no parar" xa que desde que se levantan ás 6:45 horas ata que se deitan ás dez e media da noite, "siempre tienen una tarea que hacer".

"Entendemos que ellos tienen que alcanzar un nivel de exigencia, que es la excelencia. Por tanto, para ello necesitan que prácticamente todas las horas del día pues tengan una actividad", sinalou o comandante director.

Segundo detallou, co toque de diana o batallón ten que levantarse e facer a cama "no vale que la estiren", asearse e almorzar antes de que peche o comedor ás sete e media. No patio cuberto, a continuación, vixíase que o uniforme estea "perfectamente ben" posto.

A herdeira ao trono español compartirá habitación con outras tres mulleres nunha habitación con dúas liteiras.

Pola mañá hai cinco horas lectivas e outras tres pola tarde. Despois poden quedar a estudar ata as dez e media aínda que poderían ampliar o horario se así se lles autoriza. 

A princesa de Asturias ingresará como gardamarina incorporándose cos alumnos do terceiro curso polo que as fins de semana terá a posibilidade de durmir fóra da Escola Naval, o seu pai durante o seu período de formación militar en Marín dispuxo dunha habitación no Parador de Pontevedra.

Durante este curso, a Escola Naval de Marín ten previsto impartir docencia a 628 alumnos nacionais. Así mesmo, contarase coa presenza de 23 alumnos internacionais de oito países que cursarán un currículo completo ou, polo menos, un cuadrimestre. Na promoción da princesa serán un total de 77 alumnos, 9 deles mulleres, incluíndo á propia Leonor.

Este xoves, sobre as sete da tarde, Leonor de Borbón entrará na Escola Naval para ser recibida por Pedro Cardona e polo brigada de terceiro que será superior no seu batallón. Antes de percorrer as instalacións entregaráselle o uniforme (branco ata finais de setembro e logo azul mariño).