A Misión Biolóxica de Galicia alíase con produtores, cociñeiros e formadores para divulgar os seus bancos de xermoplasma

Pontevedra
30 de novembro 2022

A Misión Biolóxica de Galicia (MBG) presentou este mércores na súa sede en Pontevedra o proxecto divulgativo "Biomisión: a cociñar tesouros", que ten como obxectivo divulgar os seus bancos de xermoplasma de millo, básicas (coles, grelos, repolos e verzas) e leguminosas (xudías e chícharos), así como o proceso "do banco á mesa"  

Invernadoiro
Invernadoiro /

A Misión Biolóxica de Galicia (MBG) presentou este mércores na súa sede en Pontevedra o proxecto divulgativo "Biomisión: a cociñar tesouros", que ten como obxectivo divulgar os seus bancos de xermoplasma de millo, básicas (coles, grelos, repolos e verzas) e leguminosas (xudías e chícharos), así como o proceso "do banco á mesa".

Neste proxecto a MBG conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e en tamén participan o restaurante Culler de Pau, El Calabacín Rojo e o CIFP Carlos Oroza. 

Na presentación desta iniciativa participaron Rafael Zas Arregui, director da MBG; Pilar Soengas, investigadora da MBG; Pedro Peón, promotor da iniciativa e responsable da Unidade de Proxectos de I+D+i da MBG; Antonio Cavada, responsable da El Calabacín Rojo e Ricardo Fernández, profesor no CIFP Carlos Oroza.

O proxecto inclúe a posta en marcha unha biomision.eu con información divulgativa sobre os bancos de xermoplasma, a difusión duns vídeos de animación sobre este mesmo tema e a convocatoria dun concurso nas redes sociais dirixidos ao público con idades comprendidas entre os 12 a 18 anos que co hashtag #biomision terá que indagar en supermercados, fruterías ou prazas de abastos sobre os produtos relacionados coa MBG buscando as variedades que están á venda. "Tamén lles pedimos que leven para casa algún deses produtos e o incorporen a un prato", explicou Pedro Peón.