A Misión Biolóxica de Galicia consegue financiamento para catro proxectos durante o próximos tres anos

Pontevedra
27 de abril 2016

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia está a comezar a traballar nos doce proxectos para os que captaron financiamento. Catro deles desenvolveranse no centro que a Misión Biolóxica de Galicia ten na parroquia pontevedresa de Salcedo

Pazo de Gandarón
Pazo de Gandarón

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia está a comezar a traballar nos doce proxectos para os que captaron financiamento. Catro deles desenvolveranse no centro que a Misión Biolóxica de Galicia ten na parroquia pontevedresa de Salcedo.

Nestas semanas, están a celebrarse xa as primeiras reunións de traballo co resto de entidades participantes en cada proxecto, a fin de concretar as fases e as tarefas de cada investigación.

Un dos proxectos, financiado con 165.000 euros, dedicarase a estudar os principais metabolitos secundarios presentes nos cultivos de grelos, coliflor ou repolo relacionados coas propiedades beneficiosas para a saúde.

130.000 euros terán como destino un proxecto de mellora xenética da resistencia e mecanismos de defensa do millo fronte á praga dos trades e a infeccións do fungo Fusarium.

Ademais o grupo de Xenética e Ecoloxía Forestal obtivo financiamento para dous proxectos por un total de 165.000 euros.

Todos estes proxectos teñen unha duración de tres anos.