A mulleres do goberno provincial secundarán a folga feminista do 8-M

Pontevedra
07 de marzo 2018

"Hai razóns máis que suficientes para facela", aseguro a presidenta da  Deputación, Carmela Silva, no transcurso da inauguración da exposición "Rompe, xoga en  igualdade" celebrada este mércores no Pazo Provincial

Inauguración da exposición 'Rompe, xoga en igualdade' na Deputación
Inauguración da exposición 'Rompe, xoga en igualdade' na Deputación / Mónica Patxot

As mulleres que compoñen o grupo de goberno da Deputación de Pontevedra secundarán este xoves 8 de marzo a folga feminista convocada a nivel internacional, coincidindo co Día Internacional da Muller.

"Hai razóns máis que suficientes para facela", sinalou a presidenta provincial, Carmela Silva, no transcurso da inauguración da exposición 'Rompe, xoga en  igualdade' na sede da institución.

"Todas as deputadas provinciais mañán faremos a folga de 24 horas e ademais imos renunciar ao noso salario, porque as mulleres de outras actividades que fan folga tamén renuncian, llo van a descontar, e nós queremos ser como o resto das mulleres", completou no seu discurso.

Tamén a deputada Eva Villaverde explicou a decisión lembrando ás mulleres que ao longo dos anos loitaron polos seus dereitos e pola igualdade. "Por todas elas, as que estamos, as que non estarán e as que estiveron as mulleres deste goberno provincial estaremos en folga", argumentou. 

Ademais de Carmela Silva e Eva Villaverde secundarán a protesta do 8 de marzo as deputadas Isaura Abelairas, Chelo Besada, Monserrat Magallanes e Digna Rivas.

A folga, convocada baixo o lema "Se nós paramos, para o mundo", pretende reivindicar a necesidade de avanzar cara á igualdade real das mulleres e os homes.