A música impulsa unha Sétima Feira de record

Pontevedra
14 de maio 2016

O tempo está a demostrar que a Sétima Feira, a iniciativa impulsada para dinamizar a praza de abastos de Pontevedra, resulta ser un gran éxito na cidade. Con cada unha das súas edicións son máis as persoas que se achegan ata a primeira planta do mercado para esculcar polos postos de artesáns e creadores locais, gozar dun bo concerto dalgún artista pontevedrés ou degustar algunha das delicias gastronómicas que alí se serven

Sétima Feira na praza de abastos de Pontevedra
Sétima Feira na praza de abastos de Pontevedra / Diego Torrado

O tempo está a demostrar que a Sétima Feira, a iniciativa impulsada para dinamizar a praza de abastos de Pontevedra, resulta ser un gran éxito na cidade.

Con cada unha das súas edicións son máis as persoas que se achegan ata a primeira planta do mercado para esculcar polos postos de artesáns e creadores locais, gozar dun bo concerto dalgún artista pontevedrés ou degustar algunha das delicias gastronómicas que alí se serven.

Pero nesta ocasión, a música serviu para intensificar o atractivo da Sétima Feira. Coincidindo coa celebración na cidade do Galegote Rock, os organizadores desta actividade decidiron que a edición de maio -organízase o segundo sábado de cada mes- tivese a música como eixo principal.

Así, un concerto de Davide Salvado e unha sesión de DJ amenizaron a xornada, na que centos de persoas decidiron pasarse pola praza de abastos.

Moitos deles, de paso, aproveitaron para comprar nalgún dos postos das praceiras, polo que segundo o goberno municipal cúmprese outro dos obxectivos cos que nacía esta iniciativa hai uns meses.

Arquivado en