A sétima edición da Festa de Exaltación da Navalla celébrase esta fin de semana no paseo de Lourido. A carpa estará aberta desde o sábado ata o domingo na contorna da praia e os consumidores poderán probar este manxar típico en diferentes preparacións.
A carta inclúe navallas cociñadas de forma tradicional, á prancha ou en empanada. Ademais durante a festa prepararase unha paella xigantes de mariscos e tampouco faltará o polbo á feira.
A inauguración da festa está prevista para o sábado ás 12.30 horas e o programa inclúe diversas actuacións como a do grupo Azabache, que terá lugar o sábado a partir das 22 horas. O domingo está prevista a actuación da Escola de Música Tradicional ás 12 do mediodía e despois de comer terá lugar o espectáculo de Rebeca Santos, Danzas Aéreas; e o concerto da cantautora Marieta.