O próximo xoves 31 de outubro volverá a celebrarse en Pontevedra a Noite dos Calacús. Será, se non chove, na Praza da Verdura a partir das seis da tarde. Se as condicións do tempo non son boas, a actividade trasladarase aos soportais da Ferrería.
Actividades infantís, música, castañas e cabazas serán os ingredientes desta benvida aos magostos na cidade. En concreto, a Noite dos Calacús ofrecerá obradoiros infantís con cabazas seguindo a tradición do Samaín.
O Concello tamén colaborará cos distintos magostos celebrados polas entidades veciñais en distintos puntos da cidade.
Así, haberá un na praza da Curtidoira, no barrio de Eduardo Pondal, o 16 de novembro; mentres que unha semana antes, o 9 de novembro, serán os de o Burgo e o de Monte Porreiro.