O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, comunicou a través dun bando á veciñanza que nestes días está a procederse á colocación, por parte dunha empresa autorizada, da nova numeración que rexerá para todos os domicilios do municipio sen custo algún para os veciños.
Deste xeito, o Concello está a levar a cabo traballos de dixitalización da numeración municipal e a colocación nun lugar visible das fachadas dos inmobles dunha placa coa inscrición do lugar, parroquia e do número de cada vivenda.
O Concello trata de dixitalizar a numeración e tamén pretende tamén dar solución a problemas de identificación dalgunhas direccións, ademais de unificar cun modelo oficial de placa os números dos inmobles permitindo así unha mellor localización dos mesmos para as distintas administracións, servizo de correos, ambulancias, bombeiros, empresas de repartición, servizos de emerxencia, entre outros.
Todo este procedemento non ten custo algún para os veciños xa que o Concello asume todo o gasto a través dunha actuación subvencionada polo Plan Concellos 2022-23 da Deputación de Pontevedra.