A nova rotonda do desdobramento da Avenida de Vigo coa rúa Estación, lista para a fin de semana

Pontevedra
27 de maio 2015

A primeira hora desta mañá iniciáronse os traballos de asfaltado da nova rotonda que une o desdobramento da avenida de Vigo coa rúa Estación, así como o novo acceso á estación de autobuses. Os traballos de fresado e asfaltado realizaranse ata o xoves, e unha vez que rematen, a rúa e a nova rotonda quedará aberta ao tráfico, non así o desdobramento no que se continúa traballando

Traballos de asfaltado na nova rotonda da rúa Estación
Traballos de asfaltado na nova rotonda da rúa Estación /

A primeira hora desta mañá iniciáronse os traballos de asfaltado da nova rotonda que une o desdobramento da avenida de Vigo coa rúa Estación, así como o novo acceso á estación de autobuses.

Os traballos de fresado e asfaltado realizaranse ata o xoves, e unha vez que rematen, a rúa e a nova rotonda quedará aberta ao tráfico, non así o desdobramento no que se continúa traballando.

O Concello de Pontevedra prevé abrila ao tráfico de cara á fin de semana.

Trátase dun asfaltado provisional -completarase co asfaltado final do desdobramento- pero que permitirá abrir ao tráfico a nova entrada á estación.

Para garantir a mellor mobilidade na zona, a Policía Local puxo en marcha un dispositivo especial de tráfico. Durante o tempo que dure a pavimentación garántese o tráfico dende a avenida de Vigo e Fernández Ladreda, cara a avenida da Estación, e prohíbese o tráfico no sentido contrario, dende a rúa Estación cara Fernández Ladreda e avenida de Vigo. Todo este tráfico entrará na cidade pola rúa Eduardo Pondal.