A nova subdelegada do Goberno busca reducir os casos de violencia machista en Pontevedra

Pontevedra
08 de febreiro 2017

Ana Ortiz visitaba o Concello de Pontevedra e o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores para coñecer as principales demandas en materia de seguridade. Afirma que seguira na mesma liña que o seu antecesor no cargo Antonio Coello

Ana Ortiz, subdelegada do Goberno, co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
Ana Ortiz, subdelegada do Goberno, co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores /

A subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, visitou o Concello de Pontevedra este mércores para realizar unha visita institucional ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a que mantivo un encontro no que aproveitaron para tratar os principais temas relacionados con materia de seguridade.

Ana Ortiz indicaba que tentará manter os índices habituais de baixa incidencia de actividade delituosa na cidade e engadiu a súa preocupación por un dos casos que deixou unha "espinita cravada" ao anterior subdelegado Antonio Coello, o de Sonia Iglesias.

Neste sentido sinalou que é un tema moi duro e os corpos e forzas de seguridade do estado continúan traballando neste caso. Ademais sinalou que o seu obxectivo tamén vai estar centrado na rebaixa do número de casos de violencia de xénero na provincia.

A nova subdelegada a pesar de que o alcalde de Pontevedra convidoulle a que se trasladase a vivir a Pontevedra non o contempla porque "ten unha nena pequena que está a estudar" e iso impide que deixe Vigo, malia levar 20 anos traballando na capital como funcionaria de carreira do corpo superior da Xunta.

Ana Ortiz comezou este martes a rolda de visitas institucionais na provincia acudindo á Delegación do Goberno na Coruña.