A empresa Gestión Tributaria Territorial empezaba este venres 16 de agosto a realizar a xestión do servizo de Recadación Executiva e Multas do Concello de Pontevedra. A partir de agora a cidadanía debe dirixirse á rúa da Barca número 14 (baixo) para facer calquera xestión respecto diso.
Desta forma facíase efectivo o cambio coa anterior xestora, Recigest, na rúa Ferreiros. Xestión Tributaria Territorial (GTT) realizará estas xestións a través dun contrato anual que rolda o medio millón de euros. Para calquera consulta telefónica o número é o 986 61 62 79.
Este novo contrato faise efectivo despois de que o goberno local procedese a catro prórrogas coa anterior empresa xestora. Ao concurso público realizado polo Concello non concorría Recyges, que se encargou deste servizo durante algo máis de vinte e cinco anos.