A obra humana de Isaac Diaz Pardo segue viva en Tomeza

Pontevedra
24 de setembro 2017

O centro social de Lusquiños, en Tomeza, acolleu este sábado a segunda edición da Festa da Investigación, á que acudiron o catedrático e investigador Ángel Carracedo e un nutrido grupo de veciños 

II Festa da Investigación en Tomeza Diego Torrado

O centro social de Lusquiños, en Tomeza, acolleu este sábado a segunda edición da Festa da Investigación, unha celebración que quixo impulsar a escritora pontevedresa Loli Beloso Neira para que a obra humana do intelectual Isaac Diaz Pardo continúe. Para apoiala neste obxectivo, acudiron á cita o catedrático e investigador Ángel Carracedo e un nutrido grupo de veciños

A festa busca concienciar sobre a importancia da investigación científica como clave para o progreso e a transcendencia dos pequenos mecenas e, ao mesmo tempo, render homenaxe a Diaz Pardo e á súa muller, Carmen Arias, tamén coñecida como Mimina, tras a súa morte. 

Ciencias, arte, música e letras déronse a man no centro social de Lusquiños cun fin benéfico nunha festa amenizada polo grupo de pandeireteiras As Estreliñas de Tomeza. 

Unha das asistencias máis esperadas era a de Ángel Carracedo, director da Fundación Medicina Xenómica dá USC, a institución á que van destinados os beneficios de todos os libros de Loli Beloso e deste acto, co fin de apoiar a investigación do cancro.