A oficina do DNI de Marín rexistra colas dende as catro da mañá

Marín
18 de xullo 2016

O BNG de Marín solicitou que aumente o número de traballadores na oficina da expedición do documento de identidade, ou sexan substituidos os que se atopen de baixa

Comisaría da Policía Nacional de Marín
Comisaría da Policía Nacional de Marín / PontevedraViva

O BNG de Marín solicitou que aumente o número de traballadores na oficina da expedición do documento de identidade, ou sexan substituidos os que se atopen de baixa.

Os nacionalistas levaron a Pleno o pasado mércores 13 unha moción por vía urxente sobre a situación da oficina do DNI na comisaría de Marín.

O grupo municipal do BNG recolleu as queixas dos cidadáns que para facer algunha xestión teñen que contar con facer cola dende as sete da mañá e esperar para conseguir número, unha situación que agravouse neste mes xa que as colas comezan ás catro da mañá.

Isto é debido a que dos catro funcionarios encargados de levar estas xestións a un cambiáronno de posto, outra está de baixa maternal e outra vai coller vacacións. Ademais dos recortes de persoal súmase que o estar en período estival aumentan o número de persoas que renovan ou precisan expedir pasaporte ou DNI.