A Orghullosa enche Soutomaior de Orgullo ao ritmo de de Flow do Toxo e Mondra

Soutomaior
30 de xuño 2024

A Orghullosa, a primeira festa das identidades diversas e disidentes, encheu Soutomaior de moito Orgullo LGBTBIQA+ durante a fin de semana. A primeira cita desta celebración congregou un nutrido grupo de persoas na contorna do peirao

Concerto de Flow do Toxo en 'A Orghullosa' de Soutomaior
Concerto de Flow do Toxo en 'A Orghullosa' de Soutomaior / Concello de Soutomaior

A Orghullosa, a primeira festa das identidades diversas e disidentes, encheu Soutomaior de moito Orgullo LGBTBIQA+ durante a fin de semana. A primeira cita desta celebración congregou un nutrido grupo de persoas na contorna do peirao

Este sábado 29 foi o día grande da festa e comezou pola mañá cunha andaina reivindicativa polos dereitos LGTBIQA+ desde o Castelo na que participaron preto de 50 persoas.

Xa ao mediodía, a festa trasladouse ao peirao e alí durou ata ben entrada a noite. A primeira parada foi unha sesión vermú con música tradicional a cargo do Dúo Aldaolado y o Mari Picinc

Pola tarde, na Carballeira do Peirao, foi a quenda do laboratorio de Contos e Legos impartido por Hadriana Ordóñez, que xa tivera unha primeira edición o venres. Logo, chegou o Laboratorio creativo de bordado impartido por Maritza Berttolini no que 12 persoas puideron deseñar e crear a súa propia bandeira da Orghullosa.

A partir das 19.30 os protagonistas foron os máis pequenos e pequenas da casa, cun obradoiro de construción comunitaria dunha bandeira xigante de globos LGTBIQA+. 

A música foi a grande protagonista da noite, co comprometido directo de Flow do Toxo e Mondra. Mentres duraron os concertos, estivo aberta a Punta Orghullosa, un punto de información sobre asociacións LGTBQA+, e un Punto Lila para prevención das violencias machistas.

A festa celebrouse baixo o paraugas do programa Soutomaior Inclusivo, de tal xeito  houbo cascos anti-ruído e plataforma para que as persoas con mobilidade reducida puidesen gozar dos concertos.