A orixe da vertedura a un regato de San Miguel de Deiro era unha lavadora dunha vivenda particular

O Salnés
09 de abril 2022

Os inspectores de Augas de Galicia identificaron a súa orixe nun inmoble que infiltraba as augas grises dunha lavadora cara a un rego que discorre polo lugar do Monte

Regato
Regato / Juan Mejuto

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais na parroquia de San Miguel de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa.

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia.

Os inspectores desprazados á zona identificaron a orixe do vertido provinte dun inmoble, que infiltraba as augas grises dunha lavadora cara a un rego que discorre polo lugar do Monte.

Augas de Galicia notificoulle a situación ao titular da vivenda para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o vertido.

Nunha nova inspección, os técnicos da Xunta verificaron que as actuacións realizadas polo propietario da vivenda, para a súa correcta conexión á rede de saneamento municipal, permitiron o cese do foco ao dominio público e a emenda do vertido.