Este domingo a Outubrofest volve botar o peche cun balance moi similar ao das cinco edicións anteriores nas que se celebrou para recadar fondos para o Pontevedra Rugby Club. Un balance de catro xornadas coa carpa chea en horas punta de cidadáns famentos de cervexa e salchichas alemás.
A carpa situada na praza do Teucro levantou o pano o xoves día 30 e permaneceu aberta dende entón con horario continuo de 12.00 a 00.00 horas cun stock preparado para dar servizo aos comensales de 7.500 litros de cervexa e 11.000 salchichas.
Os prezos mantivéronse igual que en 2013, coa cervexa loura a 3,50 a pinta e a 6 euros o litro. A torrada, pola súa banda, ofreceuse a 4 e 7 euros. Entre as novidades deste ano, ofreceuse unha variedade da salchicha xermana currywurst, ademais da típica torta alemá de améndoa.
Por outra banda, entregose por primeira vez o galardón 'Máis que rugby' ao club que o Pontevedra Rugby Club, considera que realiza un labor máis importante co deporte base, neste caso, a Escola de Fútbol Portero 2000, obsequiado cun trofeo e unha salchicha de tres metros de longo.