A Peña da Boina estrea local polo seu 65 aniversario

Pontevedra
20 de outubro 2023

A Peña da Boina de Pontevedra xa ten oficialmente novo local na cidade, no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal.  O vicepresidente da Peña da Boina, José Benito Rey Dobalo, asinou cun representante da Xunta a acta de entrega e recepción do local. Acompañárono outros membros da Xunta Directiva

Firma da acta de entrega e recepción do local da Pena da Boina
Firma da acta de entrega e recepción do local da Pena da Boina

A Peña da Boina de Pontevedra xa ten oficialmente novo local na cidade, no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal. 

Esta entidade, que en xaneiro cumpriu 65 anos de historia, resultou adxudicataria dun dos locais entregados pola Xunta a asociacións pontevedreses nesta edificio.

O vicepresidente da Peña da Boina, José Benito Rey Dobalo, asinou cun representante da Xunta a acta de entrega e recepción do local. Acompañárono outros membros da Xunta Directiva.

A asociación ten actualmente 66 socios. Trátase dunha entidade con gran arraigamento na cidade desde a súa fundación o 20 de xaneiro de 1958, día de San Sebastián, por un grupo de amigos apaixonados polo Pontevedra C.F, todos eles con bonia naquel momento.