A piscina municipal de Baltar necesita posta a punto e estará pechada a primeira quincena de setembro

Sanxenxo
21 de agosto 2024

Durante esas dúas semanas o Concello de Sanxenxo realizará novas dotacións, reposicións, limpeza e supervisión da auga

Piscina municipal de Baltar
Piscina municipal de Baltar / Concello de Sanxenxo

A piscina municipal de Baltar permanecerá pechada durante a primeira quincena de setembro para que o Concello de Sanxenxo realice unha serie de actuacións de supervisión e reforma da instalación.

Nas obras previstas contémplanse dotacións de sustentabilidade enerxética como o cambio a iluminación led, a posta en marcha dunha planta solar térmica e o revestimento do frontal das vigas da cuberta. Substituiranse as placas do falso teito, revisarán selaxes e taparán gretas.

Tamén se substituirán abrazadeiras e fixacións deterioradas, así como os filtros da deshumectadora. Instalaranse válvulas mesturadoras termostáticas nos vestiarios. Na piscina pequena farase limpeza de xuntas, revestimento e rejuntado con resina.

Limparase e desinfectará toda a instalación e revisaranse os valores do ph e do cloro para o seu correcto funcionamento. Neste sentido, recentemente automatizouse a cloración e funcionamento do sistema para controlar telemáticamente a calidade da auga e a temperatura.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora