A Plataforma en Defensa do río Verdugo (Pladever) mostrou a súa satisfacción ante a decisión de Augas de Galicia de revogar a declaración de urxencia para acometer as obras de transvasamento do Verdugo. Desde este colectivo enténdese que, desta forma, pódense estudar alternativas eficaces sen causar problemas medio ambientais e adoptando medidas para lograr un uso responsable da auga.
Fernando Malvar, portavoz de Pladever, manifesta que é necesario que cada un dos concellos implicados debe buscar solucións satisfactorias para preservar o ecosistema e a biodiversidade da conca dos ríos Oitavén e Verdugo.
Este colectivo cre que o estudo realizado por expertos en diversas materias desde un punto de vista científico para esta plataforma debe servir de base para adoptar "decisións racionais".
Entenden que é preciso estudar outras opcións como unha auditoría da rede de abastecemento para evitar fugas da 40% da auga captada no encoro de Eiras, a procura de captacións subterráneas ou a instlación de minidesalinizadoras para zonas do sur da provincia.
Representantes da plataforma manterán diversos encontros a partir do luns 15 con representantes públicos dos concellos afectados polos problemas de auga como Cangas ou Moraña.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.