A plataforma Queremos Galego convoca unha concentración na Peregrina no Día das Letras Galegas

Pontevedra
13 de maio 2015

Dende este colectivo cidadá denuncian que a política lingüística da Xunta non axuda a potenciar o uso do idioma galego e por iso reclaman como lema 'Que se vexa' para tentar que a súa utilización se faga máis pública

Integrantes da plataforma Queremos Galego
Integrantes da plataforma Queremos Galego / Cristina Saiz
Queremos Galego amosa a súa preocupación polo baixo uso público do galego entre a mocidade /

O domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a plataforma Queremos Galego ten previsto levar a cabo unha concentración na praza da Peregrina a partir das 12.00 horas para denunciar a situación precaria que sofre a lingua galega. Dende este colectivo cidadán acúsase á Xunta de Galicia de lexislar "máis para rematar coa lingua que para beneficiala".

Demetrio Gómez, integrante da plataforma, sinalou que con estas actividades reivindicativas se busca lograr a liberdade para poder vivir en galego "xa que actualmente non se pode". O voceiro do colectivo apuntou que vivimos nunha sociedade que empurra a actitudes diglósicas máis que noutras épocas" e apuntou a que hai moitos mozos que son galego falantes e que reducen o seu uso ao interior das vivendas no ámbito familiar. Demetrio Gómez indicou que o sistema empurra a non usar a lingua galega polo que "ante iso temos que rebelarnos". Twitter, unha rede social que usan sobre todo os mozos, descárgase máis en galego en Galicia que en español, afirmou o concelleiro nacionalista pero lamento que cando se fai uso público esa exteriorización da lingua propia desaparece. Por este motivo Queremos Galego quere potenciar "que se vexa".

Dende a plataforma tamén consideran que o galego se encontra infrautilizado na universidade e córrese o risco de que desapareza con estas políticas lingüísticas actuais cando se trata dunha lingua con máis de tres millóns de falantes.